No mediodía deste domingo 30 de agosto a explanada do Alto do Fradelo, xunto á capela de San Ciríaco, o límite xeográfico entre os municipios de Viana e Vilariño, acollía a segunda edición dunha emotiva romaría que reunía a numerosos veciños.

A iniciativa xurdía no 2025 como un acto de fraternidade e recoñecemento aos voluntarios que axudaron na extinción dos incencios que nese fatídtico verán afectaron duramente aos municipios de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A xornada incluía unha misa ás 12:30h, oficiada polo párroco de Viana do Bolo, así como unha bendición de tractores, pero tamén outras actividades festivas como un xantar popular (a base de pulpo e porco ao espeto) nunha carpa e a actuación da charanga El Tattoo.
Fotos cedidas.
