CulturaCulturaÚltima hora

Presentación do poemario “Retahíla de in-variables” de Hortensia Alonso, en Parada de Sil

 

Coincidindo coas festas de San Ramón en Parada de Sil, tiña lugar no mediodía do 30 de agosto no bar restaurante Candea a primeira presentación do poemario “Retahíla de in-variables” de Hortensia Alonso Lucas, veciña de Chandrexa de Sil. A súa autora, compañada de catro participantes máis, recitaba unha boa parte do versos do seu libro, que inclúe vinte e tres poemas, tantos como as preposicións castelás que se erixen en protagonistas lingüísticas.

Os outros compoñentes do poemario son un eu poético que interactúa co outro, a Natureza como marco imprescindible e os antepasados como fonte de vida. Esta, a vida, é a retahíla con todas as súas variables e invariables.

Non faltaron a música, algo de teatro e a participación dun público entregado. Foi unha ocasión estupenda para celebrar música e poesía sen que faltase, a intres, a emoción que estas espertan.

Fotos cedidas.

 

Back to top button