
Logo de varias lexislaturas formando parte da Corporación local do Barco e do grupo de goberno socialista, a concelleira Diana Urdangaray Díaz vén de presentar a súa renuncia como edil. Esa renuncia irá ao pleno municipal de setembro, previsto para o xoves día 3.
Nese mesmo punto no que se fai a toma de razón da renuncia da concelleira tamén figura a solicitude de expedición de credencial a Javier Rodríguez Tato, que ocupará o seu lugar.