CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

AMaVa retomará as clases de canto no mes de outubro, no Barco

O vindeiro 19 de setembro terán unha masterclass de ukelele a partir das 11 horas

En AMaVA continúan coa súa programación formativa. O vindeiro 19 de setembro terán unha masterclass de ukelele a partir das 11 horas (límite de inscrición día 15 xa que as prazas son limitadas).

 

 

Será no local de ensaios, en Calabagueiros (O Barco), o mesmo no que en outubro retomarán as clases continuadas de canto a cargo de María Menéndez iniciadas o ano pasado e que tiveron moito éxito.

 

 

“Proximamente anunciaremos tamén as de batería e algunha masterclass máis que teremos ao longo do inverno”, informa o presidente da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, Ramón Teira, asegurando que manteñen a aposta “pola cultura, a diversión e a aprendizaxe”.

 

Back to top button