
Tras unha presentación inicial no lugar onde comezaba todo, San Vicente de Leira (Vilamartín), o xornalista e historiador valdeorrés Christian Barrio Fernández prepara agora un novo acto para dar a coñecer seu terceiro libro “Os irmaus do Cantón” o vindeiro 5 de setembro no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín, ás 20h.
Nesta presentación, o autor estará acompañado polo investigador Santiago Macías e por Aurelio Blanco, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses.
Esta obra, a de maior peso histórico das tres publicadas por este autor ata o momento, está adicado á memoria “do meu bisavó Domingo Fernández Vega e do seu irmán Juan Fernández Vega, cuxas historias personificaron a catástrofe da Guerra Civil”, en palabras do autor, que ao longo das páxinas do volume fai un retrato da evolución socieconómica da aldeas dos seus antepasados, para despois dar paso ás súas figuras.
Con este libro, Barrio Fernández segue poñendo en valor a historia local e pecha un ciclo literario e de investigación vinculado á súa familia ,que se iniciaba en 2022 con “José Barrio, el último guardia de la mina de Valborraz”, no que achegaba a historia do seu avó paterno ligada ao volframio; e afondando nesa liña continuaba con “Manuela. Historia de una huida hacia los montes de Casaio”, no marco xeográfico de Carballeda de Valdeorras.
