O verán está a piques de rematar e nada mellor que unha festa para despedilo. Así o farán no bar O Callejón de Viana do Bolo o sábado 5 de setembro.
A partir das 20 horas celebrarán a Festa Fin de Verán cunha paella xigante, (2 euros a ración), música de Dj Miquelet e “bo ambiente asegurado”, din, adiantando que tamén haberá mercadiño, mojitos, sangría e tinto de verán.
