CulturaCulturaÚltima hora

O antigo “Camiño das Ermidas”, que remata no santuario bolés do mesmo nome, estrea sinalización

 

O Santuario das Ermidas (O Bolo) constitúe dende hai séculos o destino de antigas rutas de peregrinación marianas. Rutas que aínda hoxe seguen facendo algúns devotos en determinadas épocas do ano de especial significación, como é o caso da Semana Santa.

 

 

Recuperando esa tradición, vén de sinalizarse un antigo percorrido que pasa por diferentes concellos da comarca de Valdeorras ata chegar ao santuario. A sinalización, co lema turístico “Valdeorras. Terras que saben” do Xeodestino Trevinca-Valdeorras”, xa está instalada en diversos puntos do percorrido.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button