Como vén sendo costume, Larouco abría as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios cunha pancetada popular á que, na noitiña do venres 4 de setembro, asistían unhas 300 persoas. Unha concorrida cita gastronómica organizada pola comisión de festas que despois de varios anos á fronte, deixa o posto. “Levamos xa cinco anos, facéndoo o mellor que podemos”, din, a modo de despedida.

As festas continuan hoxe cos campionatos de petanca e tute, e baile a partir das oito da tarde a cargo da Mega Disco CDC e o Dúo D’Cahé.
Fotos cedidas.