Na mañá deste luns 7 de setembro reabríase ao tráfico a ponte de Arcos (estrada), no municipio de Vilamartín de Valdeorras, “unha vez finalizados os traballos de reparación e tras respectar o tempo necesario para garantir o correcto fraguado e resistencia dos materiais empregados”, tal como explican dende o Concello, asegurando que o tráfico pesado “estará regulado de maneira permanente, co obxectivo de preservar a reparación realizada e garantir a seguridade da infraestrutura”. A regulación xa está sinalizada, e “manterase esta sinalización provisional ata a instalación da sinalización definitiva”, din.
A porte permanecía cortada dende o 25 de xuño debido á gravidade dos danos ocasionados pola tormenta da semanan anterior nas infraestruturas que cruzan a N-536.
Fotos: Mónica G. Bellver.