ConcellosÚltima hora

A Garda Civil detén a un veciño de Petín como presunto autor dun delito contra saúde pública por cultivo de drogas

Cannabis incautado en Petín.

 

O Equipo Roca da Garda Civil da Rúa, en colaboración coa Garda Civil de Viana do Bolo, vén de deter a un veciño de Petín como presunto autor dun delito contra a saúde pública (cultivo de drogas).

A investigación, segundo informa a Garda Civil, iniciábase a principios do mes de agosto tras ter coñecemento dunha plantación de cannabis e Portomourisco (Petín). O detido foi sorprendido in fraganti cando regaba as plantas. Incautáronse 97 plantas de cannabis.

Back to top button