CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lubián cumpre co ritual do seu “Carro Enfeitado” pese á chuvia

 

A veciñanza de Lubián, na veciña provincia de Zamora, volvía xuntarse neste 8 de setembro para celebrar unha das súas tradicións máis ancestrais: o Carro Enfeitado. Nesta xornada é costume que un remolque e un carro, coidadosamente dornados con diversos elementos vexetais como flores, e tirados por un tractor, percorra a localidade. Tra el, unha numerosa comitiva formada polos veciños e pola música.

 

 

Todo estaba listo para iniciar, como de costume, o traxecto ás 17h. deste martes pero, tras o xantar popular, aparecía unha inoportuna convidaba de última hora que a piques estivo de truncar a festa: a chuvia. Aínda así, Lubián cumpría co ritual e, con paraugas e chuvasqueiros, a veciñanza volvía danzar ao ritmo da música da Charanga Nova de Trives, neste singular traxecto.

Fotos cedidas.

 

 

 

Back to top button