
Pasadas as 11 da mañá deste mércores 9 de setembro producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que se vía implicada unha ambulancia.
Segundo os primeiros indicios, parece ser que un coche que circulaba pola rúa Conde Fenosa daba marcha atrás chocando contra a ambulancia que ía atender unha urxencia, adiantando e coas sereas postas. En canto se teñan máis datos ampliarase a información.
Ata o lugar acudía a Policía Local do Barco e a Garda Civil.
