
Falta un día para o arranque oficial das Festas do Cristo do Barco, pero na zona do Paseo do Malecón xa comeza a sentirse o bulicio e o ambiente propio destas datas. Así pode comprobarse tamén nesta imaxe, cedida por un lector do Periódico O SIL, das pistas polideportivas nas que comezan a instalarse as atraccións.