A primeira hora desta tarde un vehículo comezaba a arder na estrada á altura da localidade de Lamalonga (A Veiga). Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Veiga para tratar de sofocar o lume, que se estendeu afectando a unha pequena parte do monte.
Tamén se mobilizaban efectivos do Distrito Forestal así como os bombeiros do parque comarcal, estes últimos finalmente non interviñan ao ter controlada a situación o GES da Veiga. Non houbo que lamentar ningún tipo de danos persoais, unicamente materiais xa que o vehículo ardeu por completo.
Fotos cedidas.
