AletismoDeportesÚltima hora

Abertas as inscricións para participar na Carreira Pedestre Popular do San Martiño de Ourense 2026

San Martiño 2025./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abriu o prazo para inscribirse na edición número 49 da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que se desenvolverá na cidade o domingo, 8 de novembro.

As persoas interesadas en participar nesta cita deportiva xa poden formalizar o seu rexistro de xeito telemático en carreirasgalegas.com.

Prazos e cotas de inscrición

Categoría Absoluta (10 km): A taxa é de 5 euros para quen se anote ata o 21 de outubro. Desde o 22 de outubro ata o 1 de novembro, o será de 7 euros.

Carreiras de menores e Inclusiva: A participación nas categorías Sub18, Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10, así como na Carreira Inclusiva, é gratuíta.

O prazo de inscrición pecharase o 1 de novembro ás 23:59 horas. No caso dos centros escolares que participen nas probas de menores, a data límite para tramitar as súas solicitudes será o 19 de outubro.

 

Back to top button