
Gran fin de semana para o CD Trives cuxo equipo sénior mantense líder e invicto do seu grupo na Terceira Futgal, con 22 goles a favor e ningún en contra. Os últimos conseguíaos na xornada 3, no partido distputado no campo Rúa Nova ante o Cenlle ao que superaba por 0-6 cos goles de Brais Díaz que marcaba 3, Xabi, Ramsés e Jhovelvi.
O equipo alevín F-7 tamén vencía o A.D. Bosco”B” por 2- 8, sendo colíderes e tamén invictos; e no caso dos infantís, empataban a 2 co C.P. Calasancio “B” cos goles de Hugo e Iago García, situándose segundos na clasificación e tamén invictos.
A única derrota da xornada era a do equipo cadete que perdía contra o S.D.C. Arrabaldo por 8-3, sendo sextos na clasificación.
