Cea e música en directo. Un bo plan para a tarde-noite do venres. Neste 2 de outubro o Restaurante Casa Galaica, no Barco de Valdeorras, ofrecía aos seus clientes unha suculenta parrillada, unha das especialidades do local de hostalaría que rexenta Fernando, amenizada polo grupo local de versións El Patio de Leni, que poñía ritmo e son na terraza do local.
A temperatura agradable axudaba a formar un ambiente idóneo para degustar a carne á grella deixándose envolver polos mellores temas do pop nacional.

Fotos e vídeo: O SIL.
