A VeigaConcellosÚltima horaVídeos

Dende unha ampla mostra de gando vacún, equipo, ovino e caprino ata exhibicións de cans de pastoreo, na VI Crianza Trevinca

 

O gando é un dos referentes esenciais da sexta edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca, que se está a desenvolver nesta fin de semana no Coiñedo (A Veiga). O seu recinto feiral inclúe unha ampla mostra do mundo agrogandeiro, con gando vacún, equino, caprino e ovino.

Así, poden verse diversas ganderías de vacún, que inclúen dende as razas caldelá, á vianesa ata a rubia galega. Tamén hai exemplares de ovella galega e cabra galega.

 

 

O programa inclúe tamén espectáculos ecuestres, exhibicións de actividades agro-forestais e tamén exhibicións de cans de pastoreo.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Back to top button