Un ano máis, a VI Exposición Agrogandeira “Crianza Trevinca”, que se está a celebrar no Coiñedo (A Veiga) na fin de semana deste 3 e 4 de outubro, volve poñer o foco no mundo agrogandeiro, con gando vacún, equino, caprino e ovino, exposición de maquinaria agrícola e forestal, produtos agrícolas e artesáns e demostracións de oficios tradicionais. A programación incorpora ademais novas propostas relacionadas coa actividade forestal e coa tecnoloxía, ampliando os contidos da feira.



Así, o programa inclúe proposas como unha exhibición de actividades agro-forestais a cargo de AMETLAM, na área forestal do recinto feiral.
Fotos e vídeos: O SIL.
