A partir das 18:30h. desta tarde de sábado poñíase en marcha en La Maltería, no Barco, unha singular iniciativa solidaria a favor da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense (Alcer): un petisco solidario.
Así, a un prezo de 2 euros podía degustarse un solidario petisco ata as 22:30h. desta noite. Xa dende primeira hora había participación nesta iniciativa, nun ambiente animado por Dj Dani Argü. Todo o recadado vai ir dirixido integramente a Alcer.
Fotos: A.R.
