SanidadeÚltima hora

Balance positivo do “petisco solidario” de Alcer no Barco, que agradece a resposta valdeorresa

 

Dende a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense (Alcer) faise unha valoración moi positiva da participación na iniciativa “petisco solidario” que se celebraba na tarde e noite do 3 de outubro en La Maltería, no Barco, co fin de recadar fondos para esta entidade.

Servíanse uns 150 petiscos entre as 18:30h. e as 22:30h., de forma continua, o que permitía manter chea a terraza deste establecemento de hostalaría. Ademais o ambiente estaba animado pola música de Dj Dani Argü.

Dende Alcer amosa o seu agradecemeto á La Maltería, “que nos deixou o seu local para realizar esta actividade e deunos todas as facilidades para a elaboración dos petiscos e todo o necesario”, tamén agradecía a colaboración do Concello do Barco, así como a participación desinteresada do Dj e, “por suposto, a todas as persoas que se teñen achegado ata alí para colaborar coa asociación xa que, grazas a eventos e actos como este que organizamos en Valdeorras podemos manter os servizos na comarca e achegarnos ata aquí”.

Este tipo de iniciativas, conclúe Alcer, tamén “permiten dar a coñecer a enfermidade renal e o labor da asociación”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button