CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xornada en torno ao río para alumnado do CEIP Manuel Bermúdez Couso e do IES Xermán Ancochea, de Trives

 

Na xornada do venres 2 de outubro, o alumnado de 3º ciclo do CEIP Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives, participaba nunha entretida á vez que divertida e educativa actividade en torno ao río.

 

 

No marco de dous proxectos de coidado e limpeza do medio ambiente, facían unha saída na procura das diferentes especies arbóreas de ribeira, unhas máis cerca do río e outras máis afastadas, aproveitando a ocasión para recoller o lixo á beira do río e polos sendeiros ata chegar a el.

 

 

Foi unha actividade en colaboración co alumnado de 1º da ESO do IES Xermán Ancochea e cada ciclo ía por unha ruta: a do río Cabalar e a do río Fiscaíño, que desenvocan no Bibei.

Fotos cedidas.

 

Back to top button