PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE reclama “actuacións de emerxencia da Xunta” ante os novos episodios de arrastres en Valdeorras

Avoga por elaborar un plan integral de recuperación no que estean representadas tódalas administracións e traballar conxuntamente nas solucións para as zonas afectadas

 

O PSdeG-PSOE de Ourese vén de emitir neste 7 de outubro unha nota de prensa na que di que a Consellería de Medio Rural ten “abandonada a xestión dos montes da comarca de Valdeorras” e que “a súa falta de actuación está agravando os problemas provocados polas escorrentías agora que comeza a tempada de choivas”. Así mesmo, os socialistas cren que que “a Xunta sabe perfectamente o está pasando nos montes de Valdeorras. Sabe o que hai que facer, ten recursos para facelo e, con todo, chega o outono sen ter feito os traballos necesarios. Agora os problemas aparecen coas primeiras choivas e quen paga as consecuencias son os veciños e as veciñas”.

Por outra banda o PSdeG-PSOE asegura que “a retirada continuada de madeira de aproveitamento comercial, o deterioro das pistas forestais e a falta de actuacións de restauración e ordenación están deixando os montes nunha situación especialmente vulnerable ante os episodios de choiva”.

Unha situación que, segundo o PSdeG-PSOE de Ourense, “xa se está traducindo en problemas concretos nas estradas e vías urbanas e interurbanas da comarca. De feito, este martes, 6 de outubro, volveron rexistrarse episodios no Barco, Vilamartín, A Rúa e Rubiá”. Ademais esta formación política di que “isto non é inevitable, é consecuencia dunha falta de prevención e de xestión por parte da Xunta.

 Tres millóns e unha execución que chega tarde

O PSdeG-PSOE de Ourense afirma que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico adxudicou tres millóns de euros para “actuacións en Valdeorras, destinados precisamente á restauración e reforestación, á mellora das redes de drenaxe e pistas forestais e á recuperación da biodiversidade. Porén, a Xunta, responsable da execución destas actuacións, está demorando os traballos”. 

O PSOE de Ourense considera “especialmente grave que, tras os incendios, non se puxese en marcha unha actuación suficientemente ambiciosa de restauración, reforestación e mellora das redes de drenaxe”. 

Neste senso, os socialistas piden á Xunta que “actúe inmediatamente, habilite unha partida orzamentaria específica para a restauración e reforestación dos montes da comarca e concrete as actuacións necesarias en cada zona”. Asemade, reclaman que, “ante o inicio da temporada de chuvias, os traballos se adxudiquen polo procedemento de emerxencia para evitar que a falta de actuación siga incrementando o risco”.

Asemade, tamén avogan por elaborar un plan integral de recuperación no que estean representadas tódalas administracións e traballar conxuntamente nas solucións para as zonas afectadas.

Back to top button