
A Casa Consistorial do Barco iluminarase de cor verde o vindeiro sábado día 10 de outubro, para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, “agradecendo a existencia de asociacións como AFEM MOREA do Barco, outorgándolle a visibilidade ao vínculo de participación comunitaria creada polos seus integrantes. O Concello quere transmitirlles así, os parabéns polo traballo feito, e invítalles a seguir adiante”, tal e como se informa dende o Concello do Barco.
Desde a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, convídase á “veciñanza a continuar traballando contra o estigma e a discriminación que aínda sofren as persoas con problemas de saúde mental, en gran parte porque son trastornos que non se ven a simple vista”.
Foto: O SIL.