SanidadeÚltima hora

Mesa informativa de Morea no hospital do Barco para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental

 

Mañá, sábado 10 de outubro, celebrarase o Día Mundial da Saúde Mental e para conmemorar a data e dar visibilidade, tanto á enfermidade como á asociación, A.F.E.M. Morea O Barco (Asociación de Familiares e Persoas con Entermidade Mental) poñía na xornada deste venres unha mesa informativa no Hospital Público Valdeorras.

De 10 a 13 horas, varios usuarios así como responsables de Morea, atendían a todo aquel que se acercaba á mesa, repartido folletos e marcapáxinas elaborados por eles mesmos nos talleres. Tamén tiñan á venda algúns dos artigos que elaboran como pulseiras ou enganches para bolsos.

 

 

Dende o Concello do Barco tamén se unen á conmemoración e mañá a Casa Consistorial iluminarase de cor verde “agradecendo a existencia de asociacións como Morea, outorgándolle a visibilidade ao vínculo de participación comunitaria creada polos seus integrantes. O Concello quere transmitirlles así, os parabéns polo traballo feito, e invítalles a seguir adiante”, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

No Barco de Valdeorras, o centro de rehabilitación psicosocial laboral comeza o seu camiño no ano 2003, ofrecendo servizos propios no ámbito da rehabilitación para todas aquelas persoas con enfermidade mental e as súas familias, abarcando toda a poboación de referencia adscrita ao hospital do Barco. Conta cunha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha monitora de taller, ofrecendo numerosos e variados servizos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button