Na tarde do domingo 11 de outubro disputábase no campo municipal de Calabagueiros, no Barco, o triangular de fútbol Virxe do Pilar, no marco dos actos conmemorativos do 12 de outubro na horna á patroa da Garda Civil.
Sobre o terreo de xogo, os veteranos do CD Rúa, do Barco e un combinado da Garda Civil que se enfrontaban entre si. O Barco vencía 1 – 0 á G. Civil e tamén 4 – 1 ao Rúa, que perdía o seu partido 2-1 contra a G. Civil, proclamándose vencedores os veteranos do Barco.
O torneo daba comezo tras o himno nacional e foi arbitrado por Carlos López Gudiña (Andarines Arcos). Ao remate compartiron unha petiscada e un viño.

Fotos cedidas.