CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Óscar Ibáñez comparte escenario con Abertal, no Centro Cultural Avenida da Rúa

 

O domingo 11 de outubro o Centro Cultural Avenida da Rúa acollía un dos actos máis destacados da programación de outono do Concello da Rúa, o concerto de Óscar Ibáñez e Tribo (promovido por Turismo de Galicia dentro dos Concertos do Xacobeo) que engaiolaba ao público coas súas rítmicas melodías nunha enérxica viaxe sonora na que  mesturan tradición con novas creacións e sons europeos e americanos.

Con todo, un dos momentos máis especiais do concerto chegaba da man da Asociación Abertal, con varios gaiteiros dirixidos por Diego Prieto que subían ao escenario compartindo o espazo co ecoñecido gaiteiro e a súa banda.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button