OurenseÚltima hora

Erica Kleveztian presenta o seu libro “50 y tantos” en Parada de Sil

 

O Concello de Parada de Sil vén apostando “pola cultura como un elemento de facer territorio e nese camiño tivo lugar na pasada fin de seman un evento importante”, tal e como destaca o seu alcalde, Aquilino Domínguez: a presentación do libro “50 y tantos. Historias de amor, vida y crecimiento”.

A autora do mesmo é a arxentina, de orixe checa, Erica Kleveztian que vive na aldea de Portela en Parada de Sil. Este libro é unha autobiografía da súa vida dende Córdoba en Arxentina pasando por Barcelona, outras partes do territorio español, ata asentarse fai uns anos no concello de Parada de Sil. Na súa intervención fixo unha lembranza da súa vida por distintos lugares do mundo ata acabar na Ribeira Sacra, onde di sentirse moi contenta desfrutando desta desbordante natureza.

 

 

O libro foi presentado por o profesor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University e tamén veciño de Parada de Sil, quen salientou que hai dous temas que están presentes en toda a obra, que son o coach en distintas facetas e a solidariedade.

 

 

Tamén sinalou o profesor unha anécdota que o libro sitúa o seu inicio no pobo de Tronceda onde el antes de ir a Estados Unidos tivo a súa primeira escola como mestre.

O alcalde Aquilino Domínguez agradeceu a presenza de ámbolos dous e do público que encheu, unha vez máis, o salón de actos do Concello, pero tiña que abandonar o acto para incorporarse ao seu traballo. O acto tamén contaba coa asistencia do concelleiro de Cultura de Parada de Sil. Paco Magide.

Fotos cedidas.

 

Back to top button