Dende a Delegación Episcopal de Pastoral Xuvenil da Diócese de Astorga, á que pertencen as comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Viana, convocan ao primeiro Encontro Diocesano de Adolescentes e Mozos deste curso 2026/ 2027.
Nesta ocasión, a cita será en Astorga o sábado 7 de novembro, baixo o lema “Como Gaudí, llamados a construir”, en homenaxe ao arquitecto catalán “neste ano especial tanto para a nosa Diocese como para a Cidade de Astorga, por estar insertos no ano Gaudí, con motivo do centenario da súa morte”, explica o delegado Luis Fernández, asegurando que non querían deixar pasar a oportunidade de achegarse a coñecer un pouco máis a súa persoa e obra.
O obxectivo deste encontro é compartir un día de carácter diocesano, cun contido fundamentalmente de convivencia, cultural, lecer e fe. Ao mesmo tempo, “queremos mostrar o noso desexo de ser novos construtores dun mundo mellor aquí na terra, pero cos ollos postos no ceo, como nos ensina Gaud”, adianta Olivares.

El mesmo esplica que a xornada consistirá nunha serie de actividades lúdico-culturais pola Cidade que desenvolveremos ao longo da mañá. Xa pola tarde, despois doutras actividades de lecer, celebrarán, como clausura, a Misa dominical para mostrar que, “a alegría de atoparnos, inclúe o celebrar xuntos o Domingo, día do Señor e central do mozo católico”.
A participación no encontro é gratuíta. “Só haberá que abonar o correspondente ao transporte desde cada unha das zonas e cada un deberá levar a súa propia comida. Tamén aconsellamos traer roupa cómoda e, en caso de previsión de choiva, é importante traer chubasquero”, di o delegado, asegurando que poden participar adolescentes e mozos a partir de 1º ESO (inclusive) en diante (ata os 30 anos).
As inscricións xa están abertas, sendo “imprescindible” confirmar asistencia antes do xoves 5 de novembro.