DeportesÚltima hora

Javier Dasilva e “o gran macareno de 137 kilos”. Unha xornada inesquecible en Chandrexa de Queixa

Javier Dasilva, protagonista do lance e cazador do xabarín de 137 kilos./ Foto cedida.

 

O sábado 10 de outubro de 2026, a cuadrilla Os do Champán preparábase para vivir unha emocionante xornada de caza en Chandrexa de Queixa. Decidimos soltar os cans nunha mancha moi tomada polos xabaríns, coa esperanza de levantalos e facelos chegar cara aos postos.

Apenas comezaran a traballar os cans cando os seus ladridos anunciaron que o monte estaba vivo. Numerosos xabaríns comezaron a moverse entre a espesura, pero un deles ía converterse no gran protagonista do día.

Desde o alto dunhas pedras, o meu pai avisoume de que un xabarín dirixíase cara a min. Atopábame dentro do monte e tiven que moverme para conseguir velo. Ao notar a miña presenza, o animal cambiou de dirección, pero finalmente conseguín localizalo a uns 170 metros de distancia. Foron apenas uns segundos de máxima tensión. Só tiven tempo de efectuar dous disparos, e o xabarín caeu fulminado.

Pero a maior sorpresa chegou ao achegarme e descubrir as impresionantes dimensións do animal. Estabamos ante un auténtico macareno! A báscula confirmou o que os nosos ollos xa sospeitaban: 137 quilos de puro xabarín! Unha captura extraordinaria que converteu aquela xornada nun recordo difícil de esquecer.

Ao finalizar a batida, o balance da nosa cuadrilla foi de cinco xabaríns abatidos, nunha mañá marcada pola emoción, o traballo dos cans e o compañeirismo. Porque hai lances que se lembran toda a vida, e leste, sen dúbida, será un deles.

Texto: Javier Dasilva.

Back to top button