
Ás 16:37 horas desta tarde quedaba estabilizado o incendio forestal de Chandoido, no concello do Bolo, segundo os datos de Medio Rural.
Tal como indican o incendio iniciábase ás 14:56 horas, comezando os labores de extinción ás 15:12 horas. Os medios empregados polo de agora son catro axentes, oito brigadas, tres motobombas, unha pá, dous helicópteros e dous avións.
O fume era visible dende A Rúa, tal como pode apreciarse nas imaxes.

Fotos: Mónica G. Bellver.