EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA intercambia tíckets de compra por castañas asadas, na praza do Concello

A locomotora estará hoxe de 11 a 13:30 horas e de 18:30 a 20:30 horas; e mañá, sábado 17 de outubro, de 11 a 13:30 horas.

 

Na xornada deste venres 16 de outubro, O Barco Aberto Centro Comercial está a desenvolver a súa particular campaña para celebrar o Magosto. Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva.

Para iso, instalaron a xa tradicional locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco, onde os clientes poden intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

 

 

A campaña dura dous días. Hoxe estará de 11 a 13:30 horas e de 18:30 a 20:30 horas; e mañá, sábado 17 de outubro, de 11 a 13:30 horas. Os clientes só poderán entregar tickets de compras realizadas eses dous días durante a celebración da campaña, e poderán presentar como máximo dous tíckets por día.

Hoxe ademais, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, aproveitaba a súa visita ao Barco de Valdeorras para achegarse ata a praza onde tamén hai unha mesa con bolsas da campala “Comercio COM-PENSA”, impulsada pola Xunta de Galicia e Comercio Galego.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button