ConcellosÚltima hora

A Garda Civil detecta dous delitos por exceso de velocidade nas estradas ourensás, unha a N-120

 

Axentes do subsector de tráfico da Garda Civil de Ourense detectaron dous delitos por exceso de velocidade nas estradas ourensás.

O primeiro tiña lugar o xoves 8 de outubro, cando os axentes estaban a realizar un servizo de control de velocidade e detectaron na N-525 no termo municipal da Gudiña, “unha motocicleta marca BMW modelo R1250GS que circulaba a 162 km/h estando a vía nese punto limitada a 60 km/h”, explican dende a Garda Civil, destacando que “devandito punto corresponde cun punto de alta sinistralidade, en especial por saídas de vía e colisións frontais ocorridas como consecuencia de non respectar os límites de velocidade establecidos ou por circular a velocidade inadecuada”.

O segundo delito ocorreu o sábado día 10 na N-120, ao seu paso polo termo municipal de Ourense, onde “compoñentes do destacamento de tráfico de Ourense, en servizo de control da velocidade, detectaron unha motocicleta marca Suzuki modelo SV650, circulando a 160 km/h estando a vía nese punto limitada a 60 km/h”.

Ambos os condutores investigados, “deberanse enfrontar a un proceso xudicial, onde poderán ser condenados á pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos”.

Back to top button