SanidadeÚltima hora

O Club Voleibol Ourense súmase á loita contra o cancro de mama

 

As xogadoras do equipo sénior do Club Voleibol Ourense, de Superliga 2, amosan o seu “apoio e solidariedade con todas as mulleres que loitan contra o cancro de mama, así como coas súas familias”.

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, queren lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. “A través do deporte, tamén queremos transmitir unha mensaxe de esperanza, forza e unión”, din, asegurando que “xuntas somos máis fortes”. Cada punto conta, cada xesto suma e cada paso cara á prevención importa.

“Desde o Club Voleibol Ourense, unímonos a esta loita con todo o noso cariño e apoio”, din.

Back to top button