CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Suspéndese o pase do domingo 18 de outubro do Concerto de Música Militar, no Barco

 

Dende o Concello do Barco de Valdeorras informan que “por causas de forza maior”, vense na obriga de  “suspender o pase do domingo día 18, do Concerto de Música Militar da Unidade de Música do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra, que se ía desenvover no Teatro Lauro Olmo”.

Do mesmo xeito convidan “a todos os que tiñan intención de asistir ao mesmo, que non deixen de considerar a súa asistencia o sábado día 17, pase para o que o aforo non está completo e se poden adquirir entradas na propia billeteira do teatro o mesmo día da celebración do concerto”.

Tamén pregan á veciñanza “desculpen as molestias que este contratempo poda ocasionar”.

Back to top button