SanidadeÚltima hora

O rosa iluminará a fachada do Concello Vello do Barco polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama

Foto: A.R.

 

O vindeiro luns 19 de outubro, o Concello do Barco celebrará o Día Mundial Contra o Cancro de Mama, en apoio á convocatoria feita pola Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, iluminando de cor rosa a fachada do edificio do Concello vello.

A iniciativa forma parte da campaña “Tomámolo a peito”, que busca seguir visibilizando esta enfermidade, e sensibilizar á sociedade sobre a realidade que viven miles de mulleres e as súas familias.

Desde a AECC de Ourense, apunta o Concello, din que este ano, o foco non está só na enfermidade, senón tamén nas necesidades que as propias mulleres identifican como prioritarias: unha atención máis humana e integral, ser escoitadas, sentirse acompañadas e contar cos recursos necesarios durante todo o proceso da enfermidade.

Back to top button