DeportesEn portadaÚltima hora

Valdeorras regresa á competición galega sénior de voleibol co Dompavolei-Barco, que se estrea o domingo

O seu primeiro partido, no que xogará contra o Club Voleibol Riveira, terá lugar no pavillón vello do Barco o 18 de outubro ás 11h.

 

A competición en volebol sénior volve a Valdeorras. Tras décadas sen ter cun equipo nesta categoría, O Barco regresa ao circuíto galego nesta categoría co Dompavolei-Barco, que se estreará este domingo cun primeiro partido no pavillón vello do Barco ás 11h. Nel os barquenses xogarán contra o Club Voleibol Riveira.

“Este domingo debuta o equipo Dompavolei-Barco senior masculino en competición autonómica, en concreto en liga regular de segunda división Galega de voleibol e, tras décadas sen que participase un equipo de voleibol senior do Barco en competición federada”, destacan dende o club.

Imaxes cedidas.

 

Back to top button