En portadaÚltima hora

Manifestación en defensa da sanidade pública no Distrito Sanitario de Valderras, esta tarde no Barco

A marcha partirá do Hospital de Valdeorras ás 17:30h. e, se o tempo acompaña, rematará na praza de Viloira

Imaxe da anterior manifestación en defensa da sanidade pública en Valdeorras./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

“Temos motivos de sobra para volver saír á rúa en defensa dunha sanidade pública, resolutiva e cercana”, din dende a Plataforma da Sanidade Pública de Valdeorras, que fai unha chamada á participación na manifestación convocada esta tarde de 17 de outubro no Barco. Esta marcha reivindicativa partirá ás 17:30h. dende o Hospital Público de Valdeorras e despois continuará pola estrada xeral da vila para logo xirar na rúa Abdón Blanco e continuar polo Malecón, xa que a avenida Conde Fenosa está cortada á circulación.

Dende o Malecón proseguirá ata á altura da praza Andrés de Prada, onde xirará para saír á estrada xeral pola rúa Marcelino Suárez. En función das condicións meteorolóxicas, din dende a plataforma, decidirase o punto final da manifestación. Se chove moito, como sucedía esta mañá, rematarase na praza do Concello do Barco, onde se dará lectura aos manifestos. Pero, se a meteoroloxía acompaña, respectarase o percorrido plantexado inicialmente ata Viloira e a marcha acabaría na praza Otero Pedrayo.

Dende a Plataforma da Sanidade Pública de Valdeorras resaltan a importancia desta reivindicación para a cidadanía do Distrito Sanitario de Valdeorras, “as protestas funcionan e moito, temos que presionar se queremos que nos devolvan o noso hospital , que agora mesmo non é un centro de especialidades, pero pouco menos”.

 

Back to top button