OurenseÚltima hora

Preséntase en Valdeorras a nova Federación de Asociacións de Veciños Ourense Importa

 

Dar a coñecer en Valdeorras a constitución da nova federación, os seus principais obxectivos, liñas de traballo e proxectos de futuro; pero tamén servir como punto de encontro co tecido asociativo da comarca, facilitar o coñecemento mutuo entre entidades e explicar os aspectos necesarios para que aquelas asociacións que o consideren de interese poidan integrarse nela.

Son as ideas que levaron á recentemente creada Federación de Asociacións de Veciños Ourense Importa, que preside Alberto Rivero, presidente asemade da Asociación Veciñal e Cultural de Santa María de Melias no Pereiro de Aguiar, a achegarse ata A Portela de Portomourisco (Larouco-Petín), onde na tarde do sábado 17 de outubro, celebraba unha reunión informativa.

Entre os principais obxectivos de Ourense Importa está facilitar o acceso ás axudas públicas que en ocasións por descoñecemento ou polas dificultades que supón realizar os trámites administrativos, faise moi complicado e incluso imposible.

Fotos cedidas.

Back to top button