DeportesÚltima hora

Volve o tiro con arco á Rúa coa 2ª xornada da liga galega en sala, o vindeiro sábado 31 de outubro

Xornada da liga galega de tiro con arco en sala o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro sábado 31 de outubro celebrarase no pavillón Victorino Núñez da Rúa, a 2ª xornada da liga galega de tiro con arco en sala da tempada 2026/ 2027 para as seguinte divisións: Arco Recurvo e Arco Composto nas categorías U15 (Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil), mulleres e homes; Arco Espido, Arco Tradicional e Long Bow nas categorías U15 (Menores de 14 anos), U18 (Cadetes) e Sénior, mulleres e homes; e Arco Recurvo, Arco Composto e Arco Adaptado nas categorías U18 (Cadete), U21 (Júnior), Sénior e 50+ (Veterano), homes e mulleres; e Open.

As inscricións, aínda abertas, realizaranse a través da plataforma addon-sport.

A competición está organizada polo club rués Arqueiros do Sil e pola Federación Galega de Tiro con Arco e conta coa colaboración do Concello da Rúa, entre outros.

 

 

 

Back to top button