Cun partido na casa, fronte ao Club Voleibol Riveira B, debutaba na competición da segunda división galega sénior masculina o equipo do Dompavolei-Barco. Facíao na mañá deste 18 de outubro, nun pavillón vello cuxas bancadas se enchían dun público que celebraba cada punto, devolvendo deste xeito a este municipio á competición sénior galega despois dunha longa paréntese de décadas.
Os barquenses, que adestra Brasi, estreábanse con moitas ganas e ilusión nesta primeira toma de contacto coa competición. Desta volta, o marcador deixaba unha derrota de 0 sets a 3 para os barquenses, pero aínda queda moito calendario nunha liga regular na que se medirá con sete equipos.
Fotos e vídeos: O SIL.

