En portadaÚltima hora

O CD Barco suma un punto tras o empate en casa coa SD Sarriana e ponse terceiro

 

Na tarde deste domingo 18 de outubro o CD Barco sumaba un punto máis tras o empate a uns na casa fronte á SD Sarriana.

 

 

O partido da xornada 7, elixido pola directiva do Centro de Deportes Barco para convidar á afección a castañas asadas, poñíase cara para os locais no minuto 33 co gol de Raúl Arias. Co 1-0 e tras unha boa metade para o Barco, chegaba o descanso e o magosto. As castañas sabían a vitoria pero no minuto 71 os visitantes marcaban o gol do empate que frustraba á bancada vermella.

 

 

Non habería máis goles e malia saber a pouco, o empate 1-1 dálle un punto máis ao equipo de Agustín Ruiz que suma 12 (empatado co Antela) e sitúase no terceiro posto da clasificación na Terceira Federación.

O seguinte partido para o CD Barco será no campo do Atlético Arteixo.

 

 

Fotos: O SIL.

 

Back to top button