ConcellosLaroucoÚltima hora

Dúas persoas feridas nunha colisión na N-120, no concello de Larouco

 

Na mañá deste martes 20 de outubro producíase un accidente de tráfico no que se vían implicados dous vehículos.

 

 

A colisión entre un camión e unha furgoneta producíase na N-120 á altura do cruce de Seadur, no concello de Larouco, arredor das 7:45 horas, resultando feridos os dous ocupantes da furgoneta que eran atendidos polos sanitarios. “O do camión resultaba ileso”, aseguran dende os servizos de emerxencia presentes no accidente.

 

 

Ata o lugar acudían 3 coches de bombeiros, 3 da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia e un coche do Servizo de Conservación de Estradas, así como Protección Civil de Larouco.

Fotos cedidas.

Back to top button