CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiros e contacontos no “Samaín na biblioteca”, o 30 de outubro no Barco

Rematando o mes de outubro volve o Samaín ao Barco de Valdeorras. Este ano, a celebración terá lugar o venres día 30 na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurrirán, con dúas actividades destacadas.

 

 

Ás 17:30 horas, darán comezo os obradoiros de pintacaras, tatuaxes e creación de amuletos de Samaín; e ás 20 horas, comezará o contacontos “Unha verdadeira Bruxa”.

Ademais realizarase un sorteo de libros entre os asistentes a estas actividades.

Back to top button