
Este venres día 23 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Con tal motivo, a Biblioteca Pública de Quiroga organizou coa participación do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga, unha actividade de animación á lectura, “Estrelas galegas da ciencia”.
Trátase dunha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado ao programa Ler Conta Moito, impulsado pola Xunta de Galicia e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Esta narración oral que comezará ás 10:50 na Casa da Cultura, fará un percorrido pola historia de persoeiros galegos que fixeron descubrimentos e achados asombrosos. Achegando a ciencia, a curiosidade e a lectura aos nenos e ao público xeral dun xeito lúdico e entretido.