En portadaÚltima hora

A xunta directiva do GDR Sil-Bibei-Navea mobiliza 1.476.308,52 euros en axudas

Sede do GDR Sil-Bibei-Navea.

 

A partir de hoxe os promotores de distintos proxectos no marco do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea poden pór en marcha os mesmos unha vez que AGADER rematou as verificacións dos mesmo e a xunta directiva os aprobou, tendo que executarse o 10% nesta anualidade, o 40% no 27 e o 50% restante no 28.

Dentro da estratexia deseñada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea acordouse que o 70% do orzamento vaia a proxectos produtivos e o outro 30% a non produtivos promovidos por concellos, o non terse presentado ningún proxecto de iniciativa privada neste apartado

No seu conxunto presentáronse 36 iniciativas que pretenden mellorar negocios, abrir novos e mellor os servizos como pode se a instalación de cargadores eléctricos de carga rápida en S. Xoán de Río e Parada de Sil, a iniciativa dos seus alcaldes. Dos proxectos presentados cinco desistiron e acadaron a puntuación para a súa adxudicación oito privados que levan en axuda nas tres anualidades 1.033.415,97 euros, quedando en lista de agarda outros doce proxectos o que indica que no territorio do GDR hai capacidade e desexo de emprender o que convela crear postos de traballo e fixar poboación. Sirvan como exemplo os proxectos de Santigueiro en Parada de Sil con 6 habitantes permanentes, que leva dous apartamentos de iniciativa privada e un espazo grande para actividades de relaxación e de contacto coa natureza, ou de Fradelo en Viana do Bolo con 33. Isto permite recuperar e manter o patrimonio rural construído.

Entre os oito proxectos non produtivos que esgotaron o crédito de 442.892,55 euros promovidos polos concellos catro ten que ver coa eficiencia enerxética e carga de vehículos eléctricos o que contribúe a mellora do medio ambiente, outros dous con posta en valor e mellora do patrimonio cultural e paisaxístico. Neste apartado cómpre sinalar que quedan en lista de agarda outros seis.

Unha vez máis o presidente deste GDR, Paco Magide, agradece “as iniciativas que permiten e o esgotamento do crédito feito que é posible polo incansable traballo do equipo técnico”.

Back to top button