
Gadis regresa de novo ás aulas co seu programa educativo “Alimentes”. Un proxecto que actualiza os seus contidos en cada edición para dar resposta a temas actuais. Este ano, por exemplo, inclúe unha nova unidade didáctica de hábitos de vida saudables, na que se traballa sobre o deporte, a importancia do descanso e a desconexión dixital. Tamén se introduciron máis fichas para contribuír a que alumnos de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Educación Primaria reduzan o tempo de exposición ás pantallas.
“Alimentes” traballa conceptos como o consumo responsable e consciente contra o desperdicio alimentario, o valor do desenvolvemento sostible a través do produto local e de proximidade, e o respecto polo medioambiente. Todo iso con contidos inclusivos, para atender as necesidades de nenos e nenas con diversas capacidades, e adaptados aos currículos oficiais de Galicia e Castela e León.
Inscrición na plataforma e calendario de visitas aos supermercados
Os centros educativos xa poden inscribirse en www.gadis.es/alimentes/, onde docentes e alumnos teñen acceso aos materiais didácticos. A plataforma tamén permite consultar o calendario e organizar visitas aos supermercados Gadis. Tamén está dispoñible o calendario dixital para organizar as visitas presenciais, onde os estudantes percorren as diferentes seccións, especialmente as de produto fresco: peixaría, froitería e carnicería.
15 unidades didácticas
Na súa primeira fase, o programa chega aos estudantes a través dunha contorna dixital interactiva. Deste xeito, poden seguir virtualmente a cadea dos alimentos desde a súa orixe: lonxa, campo, explotación gandeira, almacén, as diferentes seccións do supermercado_ ata que chegan aos seus fogares. En total, 15 unidades didácticas que combinan textos, vídeos, fichas interactivas e xogos para garantir unha aprendizaxe lúdica. Finalizar o itinerario interactivo ten un novo premio: a fiambrera “Alimentes” para merendas saudables, alén da posibilidade de participar no sorteo de 5 packs de tablets entre os colexios..
Máis de 20 anos de compromiso coa educación integral
Desde hai máis de dúas décadas, Gadis converteu o seu programa “Alimentes” nunha ferramenta educativa integral para apoiar os docentes e ás familias en promover hábitos de vida activos, saudables e sostibles. O curso pasado, este plan chegou a máis 27.00 nenas e nenos de 672 centros educativos, coa implicación de 1.216 profesores.