OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense refórzase coa incorporación de 12 novos axentes

 

Concello de Ourense reforza a dotación da Policía Local coa incorporación de 12 novos axentes. Na mañá deste xoves 22 de outubro o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu o acto no que os profesionais tomaron posesión dos seus postos como funcionarios de carreira.

Os doce policías incorpóranse ao cadro de persoal municipal en desenvolvemento da oferta de emprego público de 2020. Tomaron hoxe posesión tras completar o seu período de prácticas, durante tres meses, no que recibiron formación intensiva para familiarizarse cos procedementos e o funcionamento do servizo en Ourense.

 

Back to top button