OurenseÚltima hora

A Garda Civil detén a 2 homes e imputa a 1 muller como presuntos autores de delitos cometidos no Barco, O Carballiño e Celanova

 

A Policía Xudicial da Garda Civil de Verín no marco da Operación “CONVERTER” detivo onte a dous homes de 25 anos de idade, e imputou a unha muller de 29 anos de idade, veciños de Ourense, como presuntos autores de 10 delitos de furto (catalizadores de vehículo) e 1 delito de pertenza a grupo criminal.

Os feitos delituosos foron cometidos entre os día 8 e 23 de xullo nas localidades do Barco (4), Carballino (4) e Celanova (2).

Back to top button