
Xa está aberto o prazo para apuntarse nunha nova actividade (gratuíta e con prazas limitadas) promovida polo Concello do Bolo para coñecer un pouco máis a figura do artista bolés Xosé de Valbuxán, Yosso, e os lugares que lle serviron de inspiración para moitos dos seus cadros.
A andaina lúdico-cultural “Yosso e o seu Valbuxán” terá lugar o vindeiro sábado 31 de outubro a partir das 10 horas dende o museo que o artista ten no lateral do colexio público do Bolo. Trátase dun percorrido duns 7 quilómetros dende O Bolo ata Valbuxán (ida e volta) para afondar na vida e obra do valdeorrés ilustres e coñecer o lugar onde viviu.
